Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 17 de xullo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Festas, Ángel Espadas, sobre a súa área.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao novo Xefe da Forza Loxística Operativa, José Luis López Rose.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer aos gañadores da edición de verán do Concurso de Escaparatismo.

19.00 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira. Programa:
Gloria al Pueblo ---------------Pasodobre ----------------- P. Artola
Un Día en Viena ------------ Obertura ------------------- F. von Suppé
Los Miserables ------------ Selección ------------- Claude-Michel Schonberg
El Sitio de Zaragoza----------- Fantasía Militar ----------- C. Oudrid
Rubores -------------------- Pasodobre -------------------- P. Marquina

19.00h.
No CSC de Villestro, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugura as III Xornadas Culturais do CSC de Villestro.

20.30h.
Na Casa da Parra, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugura, xunto coa Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, a exposición Mú (Temos moito que dicir). Creadores no país das vacas. Na inauguración tamén intervirá Xurxo Lobato, en representación dos doce artistas que expoñen, e Fátima Otero, comisaria da mostra.

22.30h.
Curtocircuito na Rúa
Na Praza de Abastos, proxección de Grandes Curtas dentro de Curtocircuito na Rúa. Grandes Curtas compónse de 6 curtametraxes gañadoras de premios coma os Oscar, Bafta, Goya ou o Festival de Sundance.

Vive o Verán
10.30h. Con saída do Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, visita guiada ao Parque Fermín Bouza. De 17.00 a 20.30h. Nas piscinas do Multiusos do Sar, Bibliopiscina.

Compartir: