Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativos para o luns 30 de xuño

12.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a Escola Infantil Municipal de Conxo onde clausurará as actividades do obradoiro de Arte "Artellando" e visitará a exposición con todos os traballos realizados ao longo do curso polos nenos e nenas da escola.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.45 h. da Praza do Obradoiro.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar Curtocircuíto na Rúa. Na rolda tamén estará o director do festival, Tim Redford.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

12.50 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Xade.

17.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión do Padroado da Fundación para o desenvolvemento da Comarca de Santiago (na sede da Fundación: rúa San Lázaro, 108, baixo A).

20.00 h.
No Centro Social Polivalente de Brión, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de constitución do GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) LEADER 2007-2013

21.00h.
Cultura Vai Circuito 4x4
No Teatro Principal, concerto de Fía na Roca dentro do Cultura Vai Circuito 4x4

Compartir: