Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 21 de xuño

12.00 ata 20.30h.
Festa do Verán. A Feira do Sol
No parque de Belvís haberá Obradoiros, Contacontos, Animación de Rúa, Xogos populares, Deporte Rural Galiciano, Mercado de Produtos de Comercio Xusto... Ademais, celebrarase A Feira do Sol con mostra de cociñas solares, exposicións, degustacións de pizza e paella vexetal... A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitará a Festa ás 13.00h.

21.00h.
Día da Música
No Multiusos do Sar, concerto do Día da Música con Quique González, Deluxe e Iván Ferreiro.

Entredanzas. Mostra de Danza na Rúa Galicia-Portugal
12.00h.
En San Martiño Pinario, Olga Cameselle con Lembranza Agachada 03.
13.00h.
Na Praza Roxa, Joana Bergano con Be in La-la Land, one solo for me.
17.00h.
Na Porta Faxeira, Cristiana Rocha con Plano C
Na Praza da Quintana, Miguel Moreira con Na Rúa.
18.00h.
No Cemiterio de Bonaval, Uxía P. Vaello con Play
19.00h.
En San Martiño Pinario, Olga Cameselle con Lembranza agachada 03.
Na Praza da Quintana, Miguel Moreira con Na Rúa.
20.00h.
Na Praza Roxa, Joana Bergano con Be in La-la Land, one solo for me.
21.00h.
Na Porta Faxeira, Cristiana Rocha con Plano C
21.30h.
No Cemiterio de Bonaval, Uxía P. Vaello con Play.

III Ciclo de Cinema Gai, Lésbico, Bisecual e Transexual
20.15h. Un amour à taire (Un amor por ocultar) de Christian Faure
22.15h. Riparo de Marco Simon Puccioni

Semana Cultural CSC A Trisca
11.00h.
A Linguaxe do corpo: Feira Infantil a cargo das mestras en Pedagoxía Waldorf da actividadede Mañás Creativas.
11.00h.
Sesión de portas abertas de danza do ventre, dirixida a familiares e amizades das participantes no curso.

12.00h.
A Linguaxe das mans: mostra de traballos do alumnado do curso de Manualidades infantís do CSC da Trisca.
18.00h.
Xogamos coas palabras, para rapazas e rapacesde 4 a 10 anos.
20.00h.
Charla a cargo da Asociación Astronomía Vega titulada "A astronomía na linguaxe"
22.00h.
Observación astronómica a cargo da asociación Astronomía Vega.

IV Semana Cultural do Castiñeiriño
A partir das 17.00h.- Campionato basket 3x3
20.30h.- Certame de Corais
23.00h.- Noite de Estrelas co Clube de Astronomía Vega

Compartir: