Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 16 de xuño

11.30 h.
No Hospital Clínico, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración dos novos laboratorios de investigación.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar os programas "Xuntos" e "En cada rostro igualdade", que se desenvolven en colaboración co Foro de Inmigración.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h.
Na sede da Mancomunidade (rueiro de Figueiriñas), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión da asamblea xeral extraordinaria da Asociación Sar-Ulla.

19.00 h.
No CSC do Castiñeiriño, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugura a Semana Cultural deste centro.

20.00 h.
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, mantén unha xuntanza coas entidades e asociacións culturais para informar sobre as alegacións formuladas na fase de exposición pública do Regulamento do Consello de Compostela Cultura; o texto que aprobou o pasado 29 de maio o Pleno do Concello; e a proposta de calendario para a constitución do citado Consello.

20.00 h.
No Centro Social Polivalente de Brión, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de constitución do GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) LEADER 2007-2013

20.00 h.
Cinemas Dixitais
No CSC do Castiñeiriño, proxección do documental As Encrobas, dentro do ciclo Cinemas Dixitais.

III CICLO DE CINEMA GAI, LÉSBICO, BISEXUAL E TRANSEXUAL
20.15 h.
Proxección de Riparo, de Marco Simon Puccioni.
22.15 h.
Proxección de Puccini for Begginners, de Maria Maggenti.

Compartir: