Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 12 de xuño

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, e da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar a Asociación de Párkinson de Santiago. Na rolda estarán tamén membros da nova entidade.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asina catro convenios de colaboración do Programa de acceso á publicidade destinada ao sector comercial/empresarial de Compostela con outras tantas empresas do sector.

12.00 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co secretario de Estado de Planificación e Relacións Institucionais do Ministerio de Fomento, Víctor Morlán.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade e Consumo, Xosé Baqueiro, para presentar a "Guía práctica para comprar seguro", elaborada en colaboración coa asociación Euroconsumidores, que estará representada por Luis Míguez Macho, catedrático de Dereito Administrativo da USC.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a Semana Cultural do CSC A Trisca e a IV Semana Cultural do CSC O Castiñeiriño.

17.00 h.
No Hotel NH Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as III Xornadas Técnicas sobre o Transporte Metropolitano.

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal. Programa:
Bernabé Sanchís ------------------------------ Pasodobre --------------------------- R. Domenech
Preciosa ------------------------------------------ Obertura ---------------------------- C. Mª von Weber
Una Noche en Granada -------------------- Poema Lírico ------------------------- E. Cebrián
I. - Meditación en la Alhambra II.- Mujer granaína III.- Fiesta gitana en el Sacromonte
La Canción del Olvido -------------------------- Selección --------------------------- J. Serrano
Mozos de Penedo --------------------------------Muiñeira ------------------------------ M. Novoa

20.00 h.
No CSC do Ensanche, proxección da curtametraxe Vilaboa, mirando á Meca, dentro do programa Cinemas Dixitais.

20.30 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Gala Galicia en Goles, premios temporada 2007/2008.

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto de Víctor Aneiros Band, dentro do espazo Ciclofusión do ciclo Cultura Vai Circuito 4x4.

Compartir: