Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 9 de maio

10.15h.
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde en funcións, Néstor Rego, asiste á inauguración do Salón do Automóbil, que se celebra na cidade os días 9, 10 e 11 de maio.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Tráfico, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos da súa área.

12.00h.
Letras Vivas
No CSC de Vite, Teatro Cachirulo representa Pinocho . Dentro do programa Letras Vivas que organizan a concellaría de Cultura e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández, sobre asuntos da súa área.

20.00h.
No Teatro Principal, ópera familiar Historia do Soldado, de Bengala Produccións.

21.00 h.
No Multiusos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido entre o Beirasar Rosalía e o Leche Río Breogán.

Festas da Ascensión 2008

FESTA DOS NENOS
Na Alameda, durante todo o día, descontos especiais do 50% nas atraccións instaladas no parque.

Compartir: