Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 3 de abril

11.30 h.
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita, xunto coa Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, o Parque Infantil de Tráfico.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.15 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
Na Consellaría de Política Territorial, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar a programación cultural do mes de abril.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo popular municipal, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Asesora do Casco Histórico.

20.00 h.
Na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, concerto do compositor e pianista José Manuel Fernández, que pon o punto e final ao curso de Técnica pianista e improvisación. Aberto ao público.

21.00 h.
II Ciclo Revelando Voces
No Centro Social e Xuvenil do Ensanche, concerto de Loli Nogueira, que inaugura o II Ciclo Revelando Voces en Compostela

21.30 h.
XIV Festival Internacional de Teatro Universitario USC
No Teatro Principal, a Théatre Universitaire Royal de Liège (Bélxica) representa Si tu m'aimes... de Hans Sachs.

Compartir: