Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 23 de abril

De 10.00 h. a 19.00 h.
Xornada de portas abertas

11.00 h.
Na Casa do Concello, os nenos do CEIP Apóstolo Santiago converteranse en xornalistas por un día para facerlle as súas preguntas ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

11.30 h.
No Salón de Plenos da Casa do Concello, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta os libros infantís A rebelión das rúas, de Ana Boullón e Pere Tobaruela, e Hora de comer, de Miguel Vila. Son os números 3 e 4 da colección Branco de Cores, que coedita o Consorcio con Sotelo Blanco. Ambos están ilustrados por Andrés Meixide.

No acto estarán presentes Olegario Sotelo Blanco, os autores e o ilustrador, que debuxará e explicará aos rapaces dos centros Apóstolo Santiago, Colexiata de Sar e Fontiñas como chegou á imaxe de Branco de Cores.

12.00 h.
No Salón de Plenos da Casa do Concello, celebración dun pleno infantil con 85 alumnos e alumnas dos colexios La Salle, Colexiata de Sar e Fontiñas, que xirará arredor da temática "accións para a promoción de actividades de animación á lectura para nenos e nenas". No acto estará presente o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

12.00 h.
Na Praza da Quintana, acto central de celebración da Semana de Acción Mundial pola Educación, no que participarán máis de 250 rapaces. (No caso de choiva, o acto trasladarase ao Teatro Principal ou ao paraninfo da facultade de Historia).

12.30 h.
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto académico de investidura como Doutor "Honoris Causa" de Jaime Gil Aluja.

12.30 h.
Nas oficinas do grupo municipal popular, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Ángel Espadas para presentar unha moción.

17.00 h.
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, xunto cos concelleiros Ricardo García-Borregón, Ángel Espadas e Albino Vázquez Aldrey, realizan unha visita ao compostelán Ramón Fandiño, ao que a semana pasada un raio provocou destrozos na súa casa. Lugar: rúa dos Cabalos, nº57 (Vite de Arriba).

20.30 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Consello Económico e Social. Punto único: Santiago na exposición de Shanghai 2010.

20.30 h.
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, entrega os premios V Certame de poesía Aurelio Aguirre e VII Certame de relato curto José Saramago. O acto contará coa presenza do escritor Bieito Iglesias.

21.00 h.
No CSC do Endanche, concerto de Snatch, dentro do II Ciclo Revelando Voces, que organiza a concellaría de Cultura.

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto de Narf dentro do ciclo Cultura vai 4x4, que organizan a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Concellaría de Cultura.

Compartir: