Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de novembro

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, José Furelos Mogo, que se despide do cargo.

11.30 h.
No Concello de Allariz, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asina un protocolo de colaboración entre as concellarías de Promoción Económica e Turismo de Santiago e Allariz.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, e do presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, para presentar a IX edición do Premio Manuel Beiras.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Economía e Facenda, Cecilia Sierra, para presentar alegacións ás taxas municipais.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no IV Foro da Cidadanía e a Comunicación.

21.30 h.
No restaurante Los Robles, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo do 25 aniversario da Fundación Club Ciclista Compostelano.

Compartir: