Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 28 de setembro

9.00 h.
En Le-Puy-en-Velay (Francia), o tenente de alcalde, Néstor Rego, asiste á sesión de apertura do Coloquio Europeo Vixésimo aniversario dos itinerarios culturais do Consello de Europa. Os Camiños de Santiago de Compostela e os Encontros do Hôtel-Dieu, que se celebra do 27 ao 30 de setembro nesta localidade francesa.

11.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o programa de visitas guiadas á exposición SANTIAGO Dc. Tamén asisten o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, e o xefe do Servizo de Educación, Xosé Manuel Rodríguez.

11.00 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, para presentar a convocatoria das bolsas de formación e perfeccionamento para os deportistas individuais. Tamén estarán presentes os membros da comisión de selección.

11.30 h
Na praza Rodríguez Cadarso (Campus Sur), a alcaldesa en funcións, Mar Martín, asiste á inauguración obra escultórica de Acisclo Manzano en lembranza ao profesorado, persoal e estudantes da Universidade de Santiago represaliados no período 1936-42.

12.00 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a alcaldesa en funcións, Mar Martín, asiste ao acto de apertura do curso académico 2007-2008 das tres universidades galegas.

21.00 h
No Salón Teatro, a alcaldesa en funcións, Mar Martín, asiste á estrea da obra Noite de reis. Ou o que queirades, a cargo do Centro Dramático Galego.

Compartir: