Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 25 de setembro

11.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, realiza unha visita guiada á Cidade da Cultura na compaña dos membros do Consello Económico e Social e das institucións máis representativas da cidade.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 10.30 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o Campus de Baloncesto C.B. Pío XII-Concello de Santiago. Na rolda tamén estará o presidente do C.B. Pío XII, Pedro Caldas García.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a Asemblea da Rede de Entidades para el desarrollo local (REDEL), que se celebra no Auditorio de Galicia os días 27 e 28 de setembro.

12.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para presentar a obra Macbeth, de Sarabela Teatro, que se poderá ver xoves e venres ás 21.00 h no Teatro Principal. Na rolda estarán tamén os actores protagonistas, Fernando Dacosta e Elena Seijo, e o xerente do IGAEM, Miguel Martín.

13.15 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

18.30 h.
Pleno extraordinario.
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación inicial do Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago.
2. Ratificación do Convenio de colaboración entre a Arquiconfraría Universal do Apóstolo Santiago e o Excmo. Concello de Santiago de Compostela.
3.Aprobación definitiva da Modificación puntual do Estudo de detalle da unidade de xestión número 16 (UX-16). Santas Mariñas.
4. Recurso de reposición interposto contra o acordo de aprobación definitiva do Plan especial de protección e rehabilitación do conxunto fabril da antiga papeleira de Vidán (SUNP-29). Brandía.
5. Recurso de revisión interposto contra o acordo de aprobación definitiva do Plan de sectorización do SUNP-25. Roxos.
6. Aprobación definitiva do Plan especial do equipamento docente no Monte Redondo (D-19). Colexio M. Peleteiro.
7. Aprobación da Conta Xeral do exercicio presupostario 2006.
8. Ratificación de acordo da Xunta de Goberno Local de 17 de setembro, de señalamento dos días de festa locais para o ano 2008.
9. Designación de representantes de grupos políticos en Consellos Municipais.
10. Designación de representante municipal no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
11. Renuncia ao cargo de concelleiro.

Compartir: