Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 19 de setembro

11.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras da Escola Infantil de San Roque.

12.00 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (estadio San Lázaro, porta 16) ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o I Gran Premio Santiago DH Monte Pedroso, unha das probas do Open Galego de Descenso en Mountain Bike. Asisten o secretario do Santiago DH, Simón Pedro Gutiérrez, e Benito García e Manuel Paz Noya, vogal e deportista federado do club santiagués, respectivamente.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes e Mercados, Francisco Candela, sobre asuntos da súa área.

12.30 h.
No restaurante "A Curtidoría", presentación da IV Feira Internacional de Perruquería e Estética "Expolook". Interveñen: o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o presidente da Asociación Galega de Empresarios Maioristas de Perruquería e Estética, José Luis Otero; e a directora de Expolook, Ana García.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro popular Ángel Espadas sobre asuntos de carácter local.

19.30 h.
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a exposición dos traballos realizados polos membros da Asociación "Fonte da Virxe".

20.00 h.
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Canto de paxaros", de Elizé Bleys e Rik Lina.

Compartir: