Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 12 de setembro

11.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), o alcalde compostelán e presidente da entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta unha nova edición do programa de divulgación científica ConCiencia, que se celebrará entre o 3 de outubro e a terceira semana de novembro. Tamén asisten o reitor da USC, Senén Barro; o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva; e o coordinador do programa, Jorge Mira.

11.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o colexio Pío XII, con motivo do inicio do curso escolar.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.20 h. da Praza do Obradoiro.

12.30 h.
Pleno extraordinario urxente
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da convocatoria.
2.- Acordos a adoptar en relación coa Cidade da Cultura.

20.00 h.
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "Gallegos Emigrantes Emprendedores en el Mundo", de Olegario Sotelo Blanco.

Compartir: