Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 3 de xullo

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co xerente da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco, Francisco Rodríguez Míguez.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as proxeccións de Curtocircuíto na Rúa. Tamén estarán: o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias; o presidente da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-artístico da Deputación da Coruña, Celestino Poza; Manolo González, da Consellería de Cultura e Deporte; a directora de Produción de Curtocircuíto, Mamen Quintas; e o director do festival, Tim Redford.

12.45 h.
Nas piscinas do Multiusos do Sar, o concelleiro de Centros Socioculturais, Néstor Rego, presenta o servizo de Bibliopiscinas, que comeza a funcionar pola tarde.
NOTA: Haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 12.30 h. da Praza do Obradoiro.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á ministra conselleira da Embaixada de Israel en España, Alona Fisher-Kamm.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do II Festival de Música de Compostela e os seus Camiños "Via Stellae".

Compartir: