Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 17 de xullo

10.15 h.
No Salón Reitoral do Pazo de San Xerome, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración de Uninova (Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L. Ás 10.30 h., asiste á Xunta Xeral de Socios da devandita entidade.

10.45 h.
No Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración da Sociedade Anónima de Cursos Internacionais. Ás 11.15 h. asiste á Xunta Xeral da devandita entidade.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Servizos, Amelia González, para presentar unha iniciativa relativa a esta área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego; do xerente do Auditorio de Galicia, Pablo Rodríguez; e de Fran Rey, de Coperactiva Cultural, para presentar o Festiclown 2007. Festival Internacional de Clown de Galiza, que se celebrará en Compostela do 30 de xullo ao 5 de agosto.

Festas do Apóstolo 2007

18.00 h. a 21.00 h.
Ferradura Aberta. Alameda.
20.30 h. a 3.00 h.
Noites na Alameda.
22.30 h.
Música tradicional no Toural. COLEXIATA DO SAR.

Compartir: