Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 13 de xullo

11.00 h.
Na Igrexa de Santa María do Camiño (rúa Travesa, 3), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a mostra "Provocación construtiva", título da exposición que, producida polo Instituto de Arquitectura de Voralberg e a "Cite de l´architecture et du patrimoine" de París, recolle a expresión arquitectónica da cultura e da industria da madeira no lugar de Voralberg (Austria), unha das rexións máis destacables na Europa arquitectónica contemporánea. Asisten a directora do Instituto de Arquitectura de Vorarlberg, Marina Hämmerle, e o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva.

11.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no proxecto cultural e de investigación "Aulas do Camiño", organizado pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña. Neste acto farase entrega ao Concello de Santiago dunha medalla conmemorativa en nome da Universidade da Coruña. Así mesmo, procederase á entrega da Insignia de Ouro "Aulas do Camiño" a Isaac Díaz Pardo, en recoñecemento pola labor desenvolvida no ámbito cultural e social de Galicia.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os datos turístico do primeiro semestre do ano.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Explicación do acordo de goberno.

Festas do Apóstolo

23.00 h.
Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi pronunciado pola actriz galega Isabel Blanco.
Animación de rúa
Concerto de SORAYA. Praza do Obradoiro. Entrada Libre.

Compartir: