Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de maio

12.00 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, asina varios convenios de colaboración con distintos medios de comunicación para o fomento do investimento en publicidade por parte do sector comercial.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o programa de Formación e Prácticas en Empresa para Alumnos de Excelencia Académica da USC. Na rolda tamén estarán o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, e o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar a colección de discos coas gravacións de todos os órganos de Compostela. Na rolda estará tamén Bruno Forst, director da colección, e un representante de Actus, asociación coa que se leva a cabo a iniciativa.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o ciclo de concertos para escolares da Banda Municipal de Música.

14.30 h.
No Hotel Araguaney, os funcionarios municipais, xunto co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a Corporación despiden ao interventor municipal, Albino Otero Iglesias.

17.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa das Festas da Ascensión 2007.

19.00 h.
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración das X Xornadas Españolas de Documentación.

20.00 h.
No Local Sociocultural de Enfesta (Lugar de Forte, s/n), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "A historia vai por barrios. Enfesta".

20.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes nas X Xornadas Españolas de Documentación.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición Compostelarte.
21.30 h.
No Hotel Los Abetos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cea que con motivo da festividade de Santa Marta, patrona de Hostelería, ofrecen os presidentes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca (Restauración e Hospedaxe), Juan Silva e Manuel González.

Compartir: