Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 7 de maio

10.30 h. e 12.00 h.
No Teatro Principal, a Escola Municipal de Música interpreta "As aventuras de Pedro e o lobo"

11.00 h.
No Parque de Paxonal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de plantación de carballos que organiza a Obra Social de Caixa Galicia. Nesta actividade participará o Centro de Maiores de Caixa Galicia en Santiago e os alumnos do IES de Cacheiras. Así mesmo, presentarase o "Recorrido saudable", que o Concello construiu na zona para os maiores.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as novas empresas xurdidas no marco do programa Equal Compostela Social.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva do Eixo Atlántico. Ao remate, manterá un encontro coa prensa (aproximadamente sobre ás 13.15 h.) para dar conta dos asuntos tratados.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

21.00 h
Teatro
No Teatro Principal, a Aula de Teatro da Universidade da Coruña interpreta Os fusís da señora Carrar, de Bertolt Brecht. Dirección de Zé Paredes.

Compartir: