Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 5 de maio

12.00 h.
No Pazo de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller.

13.00 h.
En Meixonfrío, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o parque de Pozo da Neve (xunto ao local da asociación de veciños).

19.00 h.
En Figueiras, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a praza José Carballal. Punto de encontro: Moas de Arriba.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 18.30 h. da Praza do Obradoiro.

20.30 h.
Na Praza Roxa, concerto de Orestes, Queroseno, Desequilibrio Mental e Mediam, dentro do ciclo de concertos dos grupos usuarios dos locais municipais de música. Entrada libre e de balde.

21.00 h.
A Nosa Clave
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste a A Nosa Clave, concerto da Banda Sinfónica da Federación de Bandas Populares de Galicia, con oito coros e corais da cidade.

Compartir: