Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 2 de maio

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Francisco Candela, sobre asuntos da súa área.

12.00 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta os novos autobuses da rede de transporte urbano.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o Segundo Certame Municipal de Danza "Compostela en Danza".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación de A Nosa Clave 2007, que se celebra o sábado no Auditorio de Galicia. Na rolda estarán o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará; Lucía Carreira, da Asociación Cultural Musical Solfa, que organiza o evento; Carlos Seráns, director da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Popular; un representante de cada unha das corais; e un compositor dun dos temas que se interpretará no concerto.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á nova xunta directiva da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, encabezada polo seu novo presidente, Jesús Chenel.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os resultados do Proxecto Crear.

13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Confederación Hidrográfica do Norte, Jorge Martínez; co director de Augas de Galicia, Emilio Romero; e co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, para tratar sobre a nova E.D.A.R. A continuación, manterán un encontro coa prensa.

20.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, fará entrega dos dipolomas do Proxecto Crear.

Compartir: