Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 10 de maio

11.00 h.
En Fontiñas (rúa Roma, nº5), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura os dous pisos que o Concello cede a Aspas (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) para a posta en marcha do Proxecto de vida independente.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao alcalde de Portugalete, Mikel Cabieces García, e ao atleta Alfredo Uria Rodríguez.

12.00 h.
Na Zona "C" en Bonaval, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do Roteiro de Creación Contemporánea.

12.10 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o programa de actividades da Escola Municipal de Verán de Inglés.

12.30 h.
No Real Aeroclub de Santiago, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a mesa da Asociación Española contra el Cáncer, no día da loita contra o cancro.

12.45 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o director xeral da editorial Galaxia, Vítor Freixanes, asinan un convenio de colaboración e presentan os dous novos títulos da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea. Tamén estará Carlos Lema, director de edicións da editorial.

13.00 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 16), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta, xunto co concelleiro de Deportes, Manuel Portas, o Protocolo sobre Creación de Infraestruturas Deportivas.

13.45 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 16), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión do Padroado da devandita entidade.

20.30 h.
Na Sala Capitol, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do xornal gratuíto SantiagoSiete.

20.30 h.
Na Aula de Cultura de Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde), o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, preside o acto de presentación da Rede de Cooperación Empresarial.

Compartir: