Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 27 de abril

11.30 h.
No Polígono do Tambre (vía Edison, número 46), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Punto Limpo e visita a nova nave de Urbaser. O acto contará coa presenza do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

12.00 h.
No IES Rosalía de Castro, representación da obra O caso do visón, a cargo dos alumnos do IES Antón Fraguas, dentro do XII Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca.

12.30 h.
Na Horta de San Martiño Pinario, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta e visita o Obradoiro de Lousados de Pedra. No acto tamén estarán o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela; o presidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción, Ángel Fernández Presas, e os vicepresidentes da entidade, Jesús Varela Lodeiro e José Manuel García González; os formadores do Seminario, Carlos Álvarez Varela e José Luis Ramos; e o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva.

20.00 h.
No Local Sociocultural de Amio, actuación das corais Alfaia e Amigos de Compostela.

20.30 h.
Na rúa Curros Enríquez, nº 13, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da nova tenda de Adolfo Domínguez. Antes, ás 20.00 h., no mesmo local, manterá, xunto con Adolfo Domínguez, un encontro cos medios de comunicación.

20.30 h. a 23.30 h.
Festactiva
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, obradoiros de mimo e de clown; na Praza Roxa, obradoiro de malabares.

22.00 h.
Na Explanada do Auditorio de Galicia, concerto de Midiam, Brétema, Codename e Agoraphobia (grupo invintado da Rede Galega de Locais de Ensaio), dentro do ciclo de concertos dos grupos usuarios dos locais municipais de música. Entrada libre e de balde.

Compartir: