Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 25 de abril

10.45 h.
No IES Xelmírez I, representación da obra Non somos nin Romeo nin Xulieta, a cargo dos alumnos do IES Eduardo Pondal, dentro do XII Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca.

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao artista Juan Queralt Blanch.

11.10 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asina un convenio de colaboración con Xesús Ron, da Sala Nasa.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar a oferta de tempo libre para o verán 2007 e o programa de acollida de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz". Tamén asistirá un representante do Frente Polisario.

12.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente da entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o Estudo-Avaliación das Políticas Públicas do Consorcio de Santiago de Compostela. A continuación, visita á exposición "SANTIAGO dC", no Banco de España.
Na rolda estarán tamén o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, e o profesor da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e director do estudo, Jesús Varela.

12.00 h.
No IES Rosalía de Castro, representación da obra Os vellos non deben namorarse, a cargo dos alumnos do CPI Val do Dubra, dentro do XII Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Euloxio Ruibal, autor de Zardigot, para presentar esta obra teatral que Espello Cóncavo estrea o xoves no Teatro Principal. Na rolda estarán tamén Arturo López, director da montaxe; Xosé Antonio Garrido, axudante de dirección; Rodrigo Roel, escenógrafo, e varios actores e actrices.

Compartir: