Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 20 de abril

10.00 h a 19.00 h.
Xornada de portas abertas
11.00 h.
No Salón de Plenos da Casa do Concello, celebración dun pleno infantil presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
Durante a xornada, máis de 500 alumnos de varios colexios da cidade visitarán o Concello. Así mesmo, o rexedor compostelán ofrecerá visitas guiadas polo Pazo de Raxoi.

12.15 h.
Na terraza da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos grupos de nenos que visitan o Pazo.

10.00 h.
No Teatro Principal, "Tíralle da lingua".

10.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao xuíz titular do Xulgado de Menores número 1 de Granada, Emilio Calatayud.

10.15 h.
No Auditorio de Galicia, inauguración do Seminario Transnacional de Equal Compostela Social a cargo do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e dos alcaldes de Ames, Carlos Fernández, de Brión, José Luis García, e de Teo, Armando Blanco. (Adxúntase programa).

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Rocío Jimenez, David Bellas, Pablo Esqueira e Michel Rivadulla, compoñenetes do grupo Arrás, para presentar o seu primeiro traballo, Asumindo Riscos.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h.
Na Casa da Xuventude (Praza do Matadoiro), visita de 50 alumnos do IES Xelmírez II ao Centro Coordinador de Información Xuvenil de Galicia e ao Centro Quérote.
Esta visita está incluída no programa de Educación Afectivo Sexual que promove o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago, como unha actividade complementaria para dar a coñecer as ofertas, programas, propostas e accións de ambos centros.

20.00 h.
No Centro Galego de Arte Contemporánea, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á entrega dos XII Premios COAG de Arquitectura de Galicia.

20.00 h.
No novo Local Sociocultural de Sar (Ponte do Sar, 43) actuación da Coral "Asociación Cultural Virxe de Guadalupe".

21.30 h.
No restaurante Castro (lugar de Formarís), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asisite á cea-homenaxe aos presidentes das asociacións de veciños "Raigame", Xaquín Mato Castro, e "Ponte Sionlla", María Cruz Vázquez Veiga.

Compostela Máxica 2007

Maxia na rua

13.00 h.
Malo, El Malísimo e Miguelillo na Praza Roxa
Armando Lucero e Flikto na Praza do Toural
Jean Philippe e Mago Norberto na Praza das Praterías

Maxia nos hospitais

12.00 h.
Chrystyan Magic, Dani García e Mago Cali no Hospital Clínico
13.00 h
Martin Camiña e Mago Rafa no Hospital da Barcia
Cyrille Sinclair e Mago Pablo no Colexio de Xordos

Gala Internacional de "Compostela Máxica"

21.00 h.
No Auditorio de Galicia. Presenta Pepe Regueira e actúan Aaron Crown, Armando Lucero, Johnny Lonn, Kevin James, Mago Romarís e Mahka Tendo

Compartir: