Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 19 de abril

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao coronel Manuel García Vilamea, novo responsable da residencia militar "Teniente General Barroso".

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para presentar o X Trofeo de Ciclismo "Seat Brea Motor". Na rolda tamén estará o presidente do Club Ciclista Compostelano, Nemesio López.

12.00 h
Na Praza de Abastos, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á presentación de "Pan con Poesía", no que a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural repartirá 100.000 bolsas de pan con poemas inscritos. Ao acto asistirán tamén a delegada da Consellería de Cultura na Coruña, Milagros Lantes, e a poeta Marilar Aleixandre.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar os prazos para a matrícula na Escola Municipal de Música e o programa de teatro para escolares "Ó son das cousas".

12.45 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, presenta as II Xornadas de Francofonía. Asisten tamén Martazul Busto, do centro de Linguas Modernas da USC; Mikael Bonnot, da Alianza Francesa; e Carlos Valcárcel do departamento de Filoloxía Francesa e Italiana da USC.

20.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no XVIII Congreso Semes Galicia (Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias).

21.00 h
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Sara Tavarés

Compartir: