Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 18 de abril

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do Encontro Internacional para o desenvolvemento local desde a transversalidade de xénero. Estarán presentes o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias; o alcalde de Ames, Carlos Fernández; o alcalde de Val do Dubra, Juan Baleato; o alcalde de Teo, Armando Blanco; e o alcalde de Brión, José Luis García.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao xerente de Correos da zona de Galicia, Asturias e Castela León, Celso Gómez; ao responsable da división de oficinas de Madrid de Correos, Luis Carlos López; ao presidente e ao vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillo e Alberto Torreiro; ao delegado en Santiago da Federación, Iván Sanmartín; ao seu presidente honorífico, Sergio Vázquez; e ao ex atleta José Luis González.

18.30 h.
Na Casa do Concello de Lugo, xuntanza do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Turismo, Francisco Candela, co alcalde de Lugo, José López Orozco, e a concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, para facer un seguimento dos dous convenios asinados entre ambos concellos. Ás 19.00 h., ROLDA DE PRENSA para dar conta dos asuntos tratados.

Compartir: