Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 17 de abril

10.00 h. a 12.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita, xunto co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, as obras da autovía Santiago-Brión.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o XII Certame de Teatro Intercentros de Compostela.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas, e de Carme Villarino, directiva da AS-PG (Asociación Sociopedagóxica Galega), entidade colaboradora, para presentar unha nova edición do programa "Tíralle da lingua".

13.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar a colección de libros "Arte e Cultura" e a sinatura dun contrato co grupo Milladoiro para a elaboración dun traballo discográfico.

13.30 h.
No Pazo de Congresos de Santiago, o primeiro tenente de alcalde, Néstor Rego, intervén na presentación do Sistema ComputerCraft de Esinor. A presentación comezará ás 12.00 h e nela intervirán tamén o director do Inega, Xoán Ramón Doldán; o director de Esinor, Roberto Pérez; e o responsable de Servizos Xerais do Parque Tecnolóxico de Galicia "Tecnópole", Rubén Castiñeiras. Ás 13.45 h., clausura o acto o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e a continuación, ás 14.00 h., todas as autoridades asisten á demostración de ComputerCraft.

18.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación de Veciños "Sandra Prego Rial".

20.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánhez Bugallo, inaugura a exposición fotográfica "Compostela verde", de Sonia Iglesias.

Compartir: