Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 12 de abril

11.15 h.
As concelleiras de Educación, Elvira Cienfuegos, e de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, visitan o horto escolar do CEIP Raíña Fabiola (rúa Entregaleras, s/n).

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; do xerente do Multiusos Fontes do Sar, Santiago López Cuadrado; de Francisco Gil, de Xana Producións; e de Santiago Costoya, de GX Producións, para presentar o concerto de Luis Eduardo Aute e de Antonio Vega, que se celebrará o vindeiro 21 de abril no Multiusos Fontes do Sar.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os cursos do Plan FIP para este ano.

12.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a Feira Artesá dos comercios do barrio de San Pedro. Na rolda tamén estarán María Luisa Ríos, da Lencería Luisa; Leonor Díaz, de Como Pez en el Agua; Patricia Ramos e Vitor Lourenzo, da comisión de festas.

17.30 h.
No Conservatorio Profesional, a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, asiste á entrega dos premios do II Concurso infantil-xuvenil de debuxo e contos, organizado pola Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.

20.00 h.
No hotel Araguaney, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, inaugura a exposición de pintura e gravado de Ana Carballo.

20.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, concerto de Xoán Curiel dentro do I Ciclo Revelando Voces.

20.00 h. (hora portuguesa)
No Palácio da Bolsa de Porto, o alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cea-coloquio baixo o título "Galicia e Norte de Portugal, Estratexia de Cooperación 2007-2013".

Compartir: