Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 11 de abril

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para presentar e asinar os convenios de colaboración co presidente do Club A. Lobelle de Santiago, José Antonio Lobelle; co presidente do Club Baloncesto Pío XII, Pedro Caldas; e co presidente do Club Arteal Tenis de Mesa, Pablo Lois.

12.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e do xerente do Auditorio de Galicia, Pablo Rodríguez, para presentar as bases do "Quinto Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2007".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a memoria de 2006 do Mercado Nacional de Gando de Amio.

12.30 h.
Premio Cidades Patrimonio da Humanidade
Na Deputación Provincial de Cádiz, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolle o Premio Nacional 2005 de Cidades Patrimonio da Humanidade, que outorga o Ministerio de Cultura.

13.00 h.
No Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste ao acto de presentación do programa "Vía Stellae, II Festival de Música de Compostela e os seus Camiños". No actpo estarán tamén o director artístico do Festival, Victor Carou; o xerente do Xacobeo, Ignacio Rodríguez; e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco.

Compartir: