Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 9 de marzo

11.00 h.
Na Sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración cos propietarios dos terreos da Selva Negra.

11.30 h.
En San Domingos de Bonaval, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, visitan a Sala "C", novo espazo de creación múltiple da Concellaría de Cultura. (Nota: está na entrada da antiga escola)

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar a campaña de animación á lectura "Ler: unha aventura diferente". Na rolda tamén estarán o xerente da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros, e o director da Galería Sargadelos, José Luis Vázquez Montero.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

14.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á presidenta do XIV Congreso ANEO (Asociación Nacional de Estudantes de Odontoloxía), Gema Arias.

18.30 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao III Certame Musical Intercolexial.

19.30 h.
Na Fundación Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a inauguración da Mostra Internacional de Mulleres Pintoras, organizada pola Asociación de Mulleres Progresistas "Alba".

20.00 h.
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das Cruces de San Raimundo de Peñafort, que organiza o Colexio de Procuradores.

20.45 h.
Actos conmemorativos do Día Internacional da Muller
No Hostal dos Reis Católicos, acto de homenaxe "Muller e ciencia", dedicado a nove mulleres que están a traballar no campo da ciencia e da investigación. Tras a intervención das homenaxeadas, conferencia baixo o título "O coñecemento das mulleres", a cargo de Eulalia Pérez Sedeño, profesora de Investigación e Ciencia, Tecnoloxía e Xénero do Instituto de Filosofía do CSIC e directora da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Clausura o acto o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Compartir: