Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 7 de marzo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar O Burgués Fidalgo de Molière, de Teatro do Morcego, que se representa xoves e venres ás 21.00 h no Teatro Principal. Na rolda estará tamén Celso Parada, director da obra e Santi Prego, actor da mesma.

12.00 h.
Na Alameda, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, asisten ao acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura do escritor, organizado pola Fundación Granell dentro do programa Valle-Inclán en Compostela.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o programa de Educación pola Mobilidade, que o Concello realiza en colaboración coa Fundación RACC. Na rolda tamén estará o secretario xeral do RACC, Alfonso Perona.

13.00 h.
Premio de Accesibilidade
No Palacio da Zarzuela, S.M. la Reina fai entrega ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, do "Premio Reina Sofía 2006 de Accesibilidade Universal de Municipios".

20.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, a concelleira de Sanidade e Consumo, Elvira Cienfuegos, asiste á charla-coloquio sobre Comunidade de Propietarios, que organiza o Concello con motivo do Día do Consumidor (15 de marzo). Na charla participarán Rocío Arnoso Moure, da Unión de Consumidores de Galicia, e Rafael Rodríguez Rey, axente da propiedade inmobiliaria.

Compartir: