Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 30 de marzo

10.00 h.
No CEIP Roxos-Villestro, Concerto Didáctico de Música Tradicional, dentro do programa de achegamento da música tradicional e de formación musical dos escolares de educación primaria e secundaria, organizado polo departamento de Educación do Concello de Santiago.

10.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Incolsa.

11.30 h.
Na Praza de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega das chaves da oficina situada na devandita praza ás asociacións de benestar social da cidade.

12.00 h.
No CEIP Lamas de Abade, Concerto Didáctico de Música Tradicional, dentro do programa de achegamento da música tradicional e de formación musical dos escolares de educación primaria e secundaria, organizado polo departamento de Educación do Concello de Santiago.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h.
No Centro Comercial Área Central, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego.

20.00 h.
No Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "A historia vai por barrios: Vite".

20.30 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, peche do I Ciclo Revelando Voces cun concerto de Carmen Dor. Entrada libre.

21.00 h
No Teatro Principal, representación de Romeo e Xulieta, de Teatro do Noroeste.

21.30 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a II Gala do Comercio.

Compartir: