Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 22 de marzo

9.30 h.
No Paraninfo da USC, inauguración das xornadas "Barrios en reconstrución. Novas ideas para a rehabilitación integral dos barrios de Compostela" a cargo da concelleira de Urbanismo, Casco Histórico e Rehabilitación, Mercedes Rosón; do presidente da Comisión de Infraestruturas da Deputación da Coruña, Francisco Candela; da decana da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Mar Llinares; do director xeral de Arquitectura e Política de Vivenda do Ministerio de Vivenda, Rafael Pacheco; da directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Consellería de Vivenda da Xunta, Encarna Otero; do presidente da Delegación Galega do Colexio de Xeógrafos, Ignacio Fernández; e do director do Departamento de Xeografía da USC, Francisco Durán.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo popular municipal, Ricardo García-Borregón, sobre a proposta de denominación de rúas da cidade presentada polo grupo municipal do BNG.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a actividade infantil "Aprende mercando", dentro do programa de "Marzo, mes do comercio".

Viaxe a Uruguay
10.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao I Congreso Técnico Empresarial "O futuro dos emprendedores galegos no exterior", organizado pola Fundación Galicia Emigración e que se celebrará en Montevideo do 22 ao 24 deste mes.
17.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co intendente de Montevideo, Ricardo Ehrlich.
18.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co intendente de Canelones, Marcos Carámbula.

Compartir: