Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 16 de marzo

Viaxe a Arxentina
9:00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá unha xuntanza en Bos Aires co delegado do Ministerio de Traballo en Arxentina, Rafael Herrera Gil.
11:00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitará a Escola Nacional de Náutica.
18:00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá unha reunión cos dirixentes do Centro galego en Bos Aires e visitará o mesmo.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o programa de utilización didáctica da cidade "Vivir Santiago".

20.00 h.
No Instituto Rosalía de Castro, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición Art Natura. Pola defensa da Rede Natura galega. Pola defensa do medio natural galego. A mostra, que organiza Adega, está producida pola Concellaría de Cultura.

20.00 h.
No Centro Sociocultural da Rocha, actuación da Coral Polifónica de Lavacolla, dentro da programación "As Corais de Santiago nos Centros Socioculturais ", organizada polo Concello de Santiago.
A Asociación Cultural "Coral Polifónica de Lavacolla" foi fundada no 1994. O seu repertorio para esta actuación é o seguinte: Velaí vai, Peregrino Xacobeo, Foliada do son, O voso galo comadre, Unha noita no muíño, Catro vellos mariñeiros, Somos da terra galega, Popurri galego, Airiños da nosa terra, Foliada do rueiro.

Compartir: