Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 10 de marzo

11.00 h.
Actos conmemorativos do Día Internacional da Muller
Na Praza da Quintana, I Feira Medieval da Muller Artesá. O horario será de 11.00 h. a 14.00 h. e de 16.00 a 21.00 h.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Xunta de Confrarías de Semana Santa, Isolino Castiñeiras.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, para presentar a campaña de comunicación sobre a Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria.

12.20 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar a reurbanización de Fontiñas.

13.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de inauguración do SUNP-1 de Meixonfrío.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 12.45 h. da Praza do Obradoiro.

18.30 h.
No Centro Sociocultural de Conxo, contacontos a cargo de Celso Sanmartín.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto de Ficçoes (Portugal) dentro da programación do ComposJazz'07.

Compartir: