Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 29 de xaneiro

11.45 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.15 h.
Na Casa do Concello, o presidente do Eixo Atlántico e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co xerente da empresa Ibero Clássicos, Rui Pina Cardoso, para a creación do Trofeo Eixo Atlántico.

12.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do presidente do Eixo Atlántico e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar a Axenda Estratéxica e avanzar os temas a tratar na Asamblea Xeral do Eixo do vindeiro 9 de febreiro. Na rolda tamén estarán tres dos expertos que participaron na elaboración da Axenda Estratéxica: Luis Domínguez, coordinador e profesor da Universidade de Vigo; Fernando González Laxe, catedrático da Universidade da Coruña; e Martín Prado, profesor da Escola Técnica de Arquitectura da Universidade da Coruña.

13.30 h.
No Salón Vermello, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, fará entrega dos premios do concurso xenérico de Novas Ideas Empresariais e do concuros de Novas Ideas Empresariais promovido por mulleres, ambos do programa Compostela Activa.

20.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Compartir: