Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 11 de xaneiro

11.30 h.
No Pazo de Amarante (rúa da Algalia de Abaixo, 24), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello Económico e Social de Galicia.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Nut Teatro, unha nova compañía compostelá que presenta a súa primeira obra, Corpos Disidentes. Estará presente todo o elenco: Andrea Pino, Nerea Barros, Xiana López e Iria Sobrado, así como o director, Carlos Neira. A estrea da obra será o venres, ás 21.00 h. no Teatro Principal.

12.00 h.
Na Praza de Abastos, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas, e do presidente de Mercado de Abastos S.C.G., Xosé Ramón del Río, para presentar a Guía de Receitas "Co sabor do propio".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar cinco empresas xurdidas no marco do programa Equal Compostela Social.

20.30 h.
No Mosteiro de San Paio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a presentación do libro Informaciones de las monjas que habitaron en el Monasterio de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela desde 1499 a 1899, de María Mercedes Buján Rodríguez.

Compartir: