Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 3 de xuño

11.00 h
Visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, ao Concello de Santiago.
Programa:
• GRÁFICOS: O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao delegado do Goberno nos soportais do Pazo de Raxoi.
No Salón amarelo, saúdo aos portavoces municipais.
Acceso á Alcaldía e sinatura no Libro de Honra da Cidade.
• ENCONTRO COS MEDIOS: Sobre as 11.30 h, o alcalde e o delegado do Goberno manterán un encontro cos medios de comunicación no Salón Nobre da Casa do Concello.

12.00 h
No CSC de Laraño, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presenta as Obras de ampliación, mellora e acondicionamento dos edificios da Rede de Centros Socioculturais Municipais.
NOTA: Haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 11.50 h da Praza do Obradoiro.

17.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, do alcalde de Vila Nova de Gaia e presidente actual do Eixo Atlántico, Luís Filipe Menezes, e do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, para dar a coñecer os asuntos tratados na Comisión Executiva da devandita entidade.

18.00 h
No CSC da Rocha, Obradoiro de decoración de caixas, dentro da programación específica do Centro.

Compartir: