Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).
Previsións informativas para o luns 2 de xaneiro
11.00 h
Na Escola Infantil Municipal de Salgueiriños, visita do Paxe Real.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde, Martiño Noriega, e do director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño, para presentar a programación da formación para o primeiro trimestre do ano.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o torneo de xadrez que a Escola de Xadrez Compostela organiza en Área Central neste Nadal. Na rolda estará acompañada do secretario da Escola, Marco Porto, e algún participante do torneo.