Previsións informativas para o mércores 25 de maio
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar a III Feira Caravaning Compostela. Na rolda tamén estará o xerente de Área Central, José Rafael Martínez, e o presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Francisco Pena.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e a realización de actividades escolares.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
13.30 h
En Toledo (Sala Capitular do Concello), a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Ás 17.00 h, participa na xuntanza dos concelleiros de Facenda.
17.00 h
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, manteñen un encontro co secretario de Estado de Infraestructuras, Transporte y Vivienda, Julio Gómez-Pomar.
18.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no seminario "Presentando aos
viquingos. Unha perspectiva europea".