Previsións informativas para o luns 1 de abril
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Reyes Leis, para presentar a nova sección da Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE Santiago. Asisten tamén o presidente de AJE A Coruña, Óscar Valcuende, e o presidente de AJE Galicia, José Manuel Valenzuela.
Día de Santiago en Padrón
12.00 h Saída da praza do Obradoiro do autobús con destino Padrón.
13.00 h Recepción á Corporación de Santiago, intercambio de bastóns de mando e pendóns.
13.05 h Palabras dos alcaldes de Santiago e Padrón no salón de plenos do Concello de Padrón. Sinatura do alcalde de Santiago no Libro de Ouro.
13.25 h Saída aos balcóns da Casa do Concello. Interpretación do Himno de Galicia. Actuacións das bandas municipais de Santiago e Padrón na praza de Macías.