Previsións informativas para o venres 25 de febreiro
11.00 h
Na rúa Lisboa coa rúa Berna (diante de Área Central), a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, asiste á apertura do parque infantil das Fontiñas.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h da praza do Obradoiro.
11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico de Sons+D2.
11.30 h
No CIFP Politécnico de Santiago (rúa Rosalía de Castro, 133), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración do viveiro de empresas do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa do Antroido 2011. Na rolda tamén estará José L. Méndez, creador do Meco.
18.30 h
No CSC das Fontiñas, Cociña de Antroido para nenos e nenas dentro do programa da Aula de Xogo.
20.00 h
No Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturiais, Socorro García Conde, inaugura a exposición "A Memoria da Xente".