Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 30 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e do presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Jesús Chenel.

12.30 h
No Claustro de Fonseca, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación completa do Festival dos Abrazos 2009. Na rolda tamén estarán representantes das entidades colaboradoras: Elvira Cienfuegos, concelleira de Medio Ambiente; Elvira Fidalgo, vicerreitora de Cultura da USC; Javier Vidal, director de Arteria Noroeste; Edelmiro Fernández de aCentral Folque; Noa Díaz, da A.C. Cidade Vella; Oriol Roch, director técnico da RFG-Consorcio; Jorge Duarte, do COAG; e Johnny Jehad A. Jabeer, da Fundación Araguaney. No transcurso do acto haberá diversas intervencións artísticas e inaugurarase unha exposición.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Aprobación incial da ordenanza fiscal da taxa polo servizo de axuda no fogar en substitución do prezo público polo mesmo servizo.
3. Expediente de transferencia de crédito.
4. Aprobación inicial da Ordenanza Municipal reguladora das condicións para a instalación de ascensores en edificios existentes de carácter residencial.
5. Aprobación definitiva da modificación puntual do PERI-5 e do plan parcial do SUNP-6. San Lázaro.
6. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan de sectorización do SUNP-14. Tras Paxonal.
7. Ampliación dos usos permitidos na reserva de equipamento deportivo (EDEP) do plan parcial do SUNP-2. Salgueiriños.
8. Aprobación inicial da ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e aparcamento de residentes.
9. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa á dinamización dos consellos de participación.
10. Proposta da Alcaldía relativa a concesión honorífica.
11. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a instar á Xunta de Galicia a desenvolver nos prazos fixados, as previsións de construcción de vivenda protexida e a prezo limitado que se contemplan no Plan Sectorial de Vivenda.
12. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a instar á Xunta de Galicia a garantir a gratuídade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.
13. Designación de representante da Xunta no Consello de Compostela Cultura.
14. Dar conta de personamentos e de autos.
15. Dar conta de Resolucións da Alcaldía.
16. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellarías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
17. Rogos e preguntas.
18. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Vive o Verán
10.00h.No Parque de Bonaval, Tai Chi para todos os públicos. 10.00h. No parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos. 11.00h. No parque Eugenio Granell, Xogos de sempre nos Parques.
11.00h. Roteiro polo río Tambre 20.00h. No parque Eugenio Granell, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos.
Festas do Apóstolo 2009
Xoves, 3019.30 h. Concerto BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA Rúa do Vilar22.30 h. BLACK STONES. Tributo anos 70 Praza da Quintana24.00 h. EXPLOSIÓN POP DOS ANOS 80 JULIAN HERNÁNDEZ (Siniestro Total) IÑAKI FERNÁNDEZ (Glutamato ye-yé) JOSELE SANTIAGO (Los Enemigos) JAVIER ANDREU (La Frontera) GERMAN COPPINI (Golpes Bajos) Praza da Quintana. Entrada libre1.00 h. Música no Toural KLEZMATICS (New York) (música klezmer)

Compartir: