Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 28 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Padroado da Fundación do Refuxio de Animais.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano; e de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, sobre asuntos das súas áreas.

12.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, entrega os diplomas dos cursos FIP 2008 e dos cursos do Plan de Formación 2009 destinados a persoas desempregadas e traballadores do sector da construción.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h
En Figueiras, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a Aula de Coñecemento do Medio Rural da Portela con motivo do inicio das actividades no centro.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 18.40 h. da Praza do Obradoiro.

20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Figueiras.

Vive o Verán
10.00h. No parque de Bonaval, Tai Chi para todos os públicos. 10.00h. No parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos. 11.00h. No Parque da Música (Auditorio de Galicia), Xogos de sempre nos Parques.
11.00h. Roteiro Vía Verde Verdía e polos ríos Tambre e Sionlla. 20.00h. No parque Eugenio Granell, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos. Festas do Apóstolo 2009
Martes, 28
23.00 h. COMPOSTELA FESTIVAL
SARA BARAS presenta: JUANA V CENTENARIO, JUANA LA LOCA
Prezos: Cadeira, 20 euros. De pé 15 euros
Praza da Quintana
23.00 h. Apertura da carpacabaré
Compañía Femme Fatale: Ronda poética/Batallón literario
Carpa da Alameda
00.0 h. Espectáculo CASEI CUN VAMPIRO
a cargo da compañía Familia Crowley
Carpa da Alameda
0.30 h. Música ao vivo a cargo da orquestra DESVARIETÉS e o seu espectáculo COSMOPOLITAN CABARETS
Carpa da Alameda
23.30 h. Música no Toural
LA BANDA DEL YOFI (Cuba)

Compartir: