Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 17 de xullo

10.30 h
O alcalde de Lugo, José López Orozco, o alcalde da Coruña, Javier Losada, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o alcalde de Piedrafita, José Luis Raposo, realizarán unha ruta de 5 quilómetros polo Camiño de Santiago francés dende o Cebreiro ata Hospital da Condesa.
O Cebreiro (Punto de encontro para os medios ao carón da capela do Cebreiro)

12.00 (hora aproximada)
O alcalde de Lugo, José López Orozco, o alcalde da Coruña, Javier Losada, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o alcalde de Piedrafita, José Luis Raposo, chegan ao Hospital da Condesa, onde se dará lectura a un comunicado de apoio dos alcaldes aos Patrimonios Mundiais: Camiño de Santiago, zona histórica de Compostela, Torre de Hércules e Muralla Romana selando así o triángulo máxico.
Camiño de entrada á igrexa do Hospital da Condesa

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para falar de asuntos referidos á promoción turística da cidade e á implantación de liñas aéreas no aeroporto de Lavacolla.

20.00 h
Na Casa das Asociacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición do artista José Monteiro.

23.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Pregón do Apóstolo 2009

Vive o Verán
22.30h. No Parque Finca de Vista Alegre, Cinema ao aire libre para todos os públicos coa proxección do filme "Descubrindo nunca xamáis"
Festas do Apóstolo 2009
23.00 h. Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo do monologuista galego ROBER BODEGAS
Concerto NURIA FERGÓ
Praza do Obradoiro. Entrada libre
23.30 h. Inauguración ESPIRITU LATINO na carpa instalada no paseo central da Alameda con música e baile latinos, capoeira, djs e os grupos BRASUKAS (Brasil) e D´LA HABANA (Cuba)
18.00 a 21.00 h. FERRADURA ABERTA na Alameda
19.45 h. III Campionato de CHAVE feminino
Paseo da Ferradura
20.30 h. XXXI Campionato de CHAVE masculino
Paseo da Ferradura

Compartir: