Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 1 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos das súas áreas.

12.00 h
Na Fundación Compostela Deporte (estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar a Fase Final de tenis de mesa da Compostela Cup do Camiño 2009, organizada pola Fundación co patrocinio de Xacobeo e Caixanova. Na rolda tamén estarán o presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, José Fernández Alborés e o coordinador da modalidade de tenis de mesa do Torneo, Pablo Lois.

12.30 h
No estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar as seleccións do Concello de Santiago que van participar nos VIII XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO, que se celebrarán na cidade da Coruña do 5 ao 10 de xullo.

19.00 h
Nos Locais Municipais de Música (estadio de San Lázaro, porta 10), o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presenta a proposta formativa dos Locais Municipais de Música para a Xuventude de Compostela. Tamén estarán Carlos Arévalo Rodríguez, músico e formador, e grupos da 1ª e 2ª edición das accións formativas.

20.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asiste á presentación oficial da páxina web da asociación empresarial Em-Rede, a Rede de Iniciativas Empresariais de Compostela e Comarca.

VIVE O VERÁN
10.00h. No Parque Finca Vista Alegre, Tai Chi para todos os públicos (En caso de choiva será en Arteria Noroeste).
10.00h. No parque da Constitución, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos (En caso de choiva será no CSC O Ensanche).
11.00h. No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, Obradoiro Medioambiental: "O meu caderno de campo" (Previa inscrición)

Compartir: