Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 6 de xuño

11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 h
Na Praza Roxa, MostraNatura do Ensanche, actividade organizada por Santiago Centro, Asproga, a Sociedade Compostelá de Ornitoloxía e a Asociación Galega do Canario de Canto e na que colabora a Concellería de Mercados. Asiste o concelleiro de Mercados, Andrés Fariña.

11.00 h (Ata ás 20.00h.)
No CSC do Encanche, II Torneo de xadrez sub 10 e sub 12 (Organizado polo Club de Xadrez de Nemenzo).

12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a a exposición "Lladró y la moda".

12.00 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, visita o Castiñeiriño: a zona afectada polas obras do AVE. Punto de encontro: restaurante Entrevías.

13.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Feira do Libro Antigo.

13.30 h
En Villestro (Roxos), o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á XIV Romaría do Deporte.

17.30 h
No CSC das Fontiñas, Cine infantil.
20.00 h
No CSC das Fontiñas, Contacontos: "Contos da Vía Láctea" dentro do Programa Letras Vivas Animación.
21.00 h
No CSC das Fontiñas, concerto de Tom Risco e Jacobo de Miguel dentro do III Ciclo Revelando Voces.
21.00 h
No CSC de Conxo, concerto de Lucía da Fonte con Meiga do Norte dentro do III Ciclo Revelando Voces.

Compartir: