Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 25 de xuño

10.30 h
Na sede de Incolsa, o concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presenta a nova xerente de Incolsa, Maruxa Ledo.

11.00 h
Na Aula de Cultura de Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18), o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, participa na inauguración da I Xornada Internacional de Coaching, organizada por AJE Marineda, e na que participa a Concellería de Promoción Económica.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras da Escola Infantil Municipal do Polígono do Tambre. NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios que sairá ás 11.45 h. da Praza do Obradoiro.

13.00 h
No salón nobre de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Asemblea xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Taboleiro (ANFTA).

14.30 h
No Hotel Araguaney, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, participa nun xantar de traballo da Rede de Cooperación Local, ao que asisten máis dun centenar de empresarios/as e responsables de entidades vinculadas ao tecido produtivo compostelán. O encontro está organizado pola Concellería de Promoción Económica.

18.00 h
No CSC do Ensanche, proxección de En coche ata Zigzigland, VOS (2006) dentro do apartado de Cinema Árabe do Ciclo Cinemas Dixitais.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta da sesión anterior.
2. Toma de posesión de membro da Corporación.
3. Comparecencia da concelleira delegada de Benestar e Igualdade, dona Mar Martín, a petición propia.
4. Comparecencia da concelleira delegada de Benestar e Igualdade, dona Mar Martín, a petición do pleno.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular para realizar unha "Due Diligence" en Incolsa.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular para solicitar a elaboración dunha auditoría na Xunta de Compensación do Polígono B do SUNP-6 de San Lázaro.
7. Proposta do grupo municipal do Partido Popular de designación de membros de comisións informativas, organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, empresas publicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais de actuación municipal.
8. Designación de membros no Consello de Compostela Cultura.
9. Declaración institucional relativa aos 50 anos da edición local de La Voz de Galicia.
10. Dar conta de resolución da Alcaldía en materia de substitución.
11. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellerías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
12. Rogos e preguntas
13. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30 h
Don Cayo --------------------- Pasodobre ------------------ F. Pére
Othello --------------------------- Suite --------------------- A Reed
I.- Prelude (Venecia)
II.- Aubade (Cyprus)
III.- Othello and Desdemona
IV.- Entrante of the Court
V.- The Death of Desdemona; Epilogue
Las dos Palomas ----------------- Suite ------------------- A. Messager
I.- Entrada de los Tziganes
II.- Escena de las dos palomas
III.- Tema y variaciones
La Pícara Molinera ------- Selección da Zarzuela ----------- P. Luna
El Duende de España -------- Danza ----------------------- A. Ferríz

20.30 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental.

21.00 h
No Teatro Principal, Talía Teatro representa Palabras Encadeadas de Jordi Galcerán dirixido por Artur Trillo.

Compartir: