Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 22 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Albino Vázquez Aldrey sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, fai entrega dos certificados de participación nas Campañas "Iguais en Igualdade" e "Xunt@s", desenvolvidas polo Foro de Inmigración en colaboración coa Concellería de Benestar Social. Tamen fará un balance das mesmas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; Ramón Piñeiro e Mauro Sanín de aCentral Folque e un representante de Acordar para presentar a nova páxina web de aCentral Folque.

18.00 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cerimonia de inauguración do Comité do Patrimonio Mundial.

Compartir: