Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 18 de xuño

11.00 h
Na Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar a proba de ciclismo e as actividades complementarias da Fase Final da Compostela Cup do Camiño 2009. Na rolda tamén estarán a directora da Zona Centro de Aquagest, Paula Piñeiro, e o director deportivo do CC Aquagest, Juan Rey.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar o Programa de Verán 2009.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar a VIII Escola Municipal de Verán 2009.

12.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Congreso de Criminoloxía.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz do grupo municipal do BNG, Socorro García Conde, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, Circuito Saudable polo barrio dentro do programa Clube de Maiores.

19.30 h
Na rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música. Programa:
"Tardes coa nosa Banda"
Inquietudes Culturales ---------- Pasodobre ---------------- R. Domenech
El Príncipe Igor ------------ Danzas guerreras -------------- A. Borodin
A Pantasma da Ópera ----------- Musical ---------------- A. Lloyd Webber
(arreglo J. de Meij )
La del Manojo de Rosas ---- Selección da zarzuela ------- P. Sorozábal
Cortés de la Frontera -----------Pasodobre ------------------ M. Navarro

20.00 h
No CSC do Ensanche, o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presenta o CD editado como resultado do 1º Certame MúsicaXove’08, xunto co director xeral de Xuventude e Solidariedade, Ovidio Rodeiro. O acto contará coa presenza de 60 mozos dos grupos participantes.

V Semana Cultural do Castiñeiriño
18.00h. Obradoiros e actividades para nenos/as da man de Xandobela.
18.00h. Obradoiro de cociña: Menús para o verán. Impartido por Gonzalo Lobato de O Dezaséis. De balde previa inscrición no centro.

Compartir: